¿Quen pode participar?
Poderán participar en Cibernós todos os centros educativos de Galicia.-
Os participantes serán alumnado do último ciclo de primaria e do primeiro ciclo da ESO.
-
A participación será agrupada no seu grupo-clase, titorizada por un mestre do propio alumnado.
-
Poderán participar máis de un grupo por centro.
-
Os participantes deberán :
- Ter unha conta de correo electrónico por grupo.
- Visitar regularmente a páxina do concurso para comprobar as novidades.
¿En que vai consistir o concurso?
A coordinación do concurso asignará un rol a cada grupo inscrito. Este rol deberá asumirse
|
|
e desenvolverse polo grupo.
As actividades a desenvolver son de 2 tipos:-
Tarefa: Actividade de desenvolvemento obrigatorio que deberán resolver todos os participantes. Todos saberán en que consistiran desde o primeiro momento. Requiren un grado medio de elaboración. As tarefas poderanse presentar en calquer momento do concurso pero só puntuarán as que se presenten dentro do prazo.
-
Proba: Actividade de desenvolvemento optativo. Non se revelarán ata que se plantexen aos participantes. Darán puntuación extra. Son actividades que non requiren excesiva elaboración na súa resposta. As probas terán un prazo estricto e aparecerán por sorpresa.
Ver as tarefas
|