Tarefa 1: Un día na miña vida
Logo de que a un grupo se lle asigne un rol, o equipo deberá relatar a vida dun día de ese personaxe. O grupo terá que ter moi en conta o contexto socio-económico desa personaxe. Para iso o grupo debera documentarse sobre o contexto dese rol en concreto.
Ten que estar entregada antes do 23 de Marzo de 2004.
Tarefa 2: As cousas que vexo
Trátase de elixir 3 imaxes das 3 galerías de imaxes propostas (espacios, traballos e vida cotiá) . Deberase coller unha imaxe de cada unha das galerías. Xustificarase a elección de cada imaxe explicando a función ou o significado que teñen na súa vida.
Ten que estar entregada antes do 2 de Abril de 2004. Esta tarefa terá a apariencia de tres tarefas independentes debido a motivos técnicos.
|
|
Tarefa 3: Un día atopeime con alguén famoso
Deberase supoñer un encontro con algún personaxe senlleiro da época. Este pode ser: un/unha político/a, un/unha escritor/a, un/unha debuxante, un/unha actor/actriz, un/unha deportista, etc. Este personaxe famoso deberao elixir o propio equipo participante.
Deberase describir como foi ese encontro co personaxe. Trataremos de revivir como era ese persoeiro, a que se adicaba, e como o chegamos a coñecer. Como consello tratarase de situar ese encontro nun momento histórico concreto.
Ten que estar entregada antes do 28 de Abril de 2004.
|