Xurado
O xurado valorará só as tarefas de todos os grupos. Está composto por:- Rosa Aneiros.
Xornalista, traballa
na Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e colabora
habitualmente en diferentes medios, como
www.culturagalega.org . É autora das obras "Eu de maior quero ser" (Sotelo
Blanco, 1999), "Corazóns amolecidos en salitre" (Laiovento, 2002) e
"Resistencia" (Xerais, 2002), ademais de relatos en volumes colectivos como
"Seis ferroláns" (Edicións Embora, 2003), "Alma de beiramar perdida" (A Nosa
Terra, 2003), "Botella ao mar" (AGAV, 2003) ou "Sempre mar. Cultura contra a
burla negra" (Asoc. Benito Soto, 2003).
|
|
- Lourenzo Fernández.
Profesor do Departamento de Historia
Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela.
Publicou diversos artigos nas revistas: Historia Agraria, Historia Social, Revista de Occidente, Grial, A trabe de Ouro...
Ten publicados os seguintes libros: "Labregos con ciencia".(Xerais, 1992). "Terra e Progreso" ( Xerais, 2000). "Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana " (Santiago, 1997);
- Luís Teira.
É licenciado en Psicopedagoxía e especialista en Elaboración de Materiais Didácticos Multimedia. Traballa como mestre de ensino primario e é coordenador do proxecto ciberlingua.org e do portal edugaliza.org
|