O s roles a desenvolver son estes, que se atribuirán por sorteo no momento da matrícula no concurso:

  • Mariñeiro Vive nunha pequena vila galega situada nunha ría galega. Nesta vila a principal actividade económica é a pesca da sardiña e rincha.
  • Emigrante retornado Voltou á súa aldea do interior de Galicia logo de estar en América onde traballou de repartidor de xornais, cociñeiro e criado.
  • Propietario dun pequeno comercio
    Ten un pequeno capital invertido nun comercio de ultramarinos. A súa tenda está situada nunha céntrica rúa dunha cidade galega.
  • Propietario dunha conserveira
 
  • Leiteira Vive nunha aldea e ten unhas poucas vacas.Percorre os 15 quilómetros que separan a súa casa da cidade á que todos os días vai levar o leite.
  • Empregada nunha conserveira Naceu nunha vila na que hai industrias conserveiras de peixe. A maior parte destas industrias son propiedade de familias catalanas que se asentaron no noso litoral hai tempo.
  • Costureira Vive nunha cidade que ten certo empuxe industrial. Traballa nun obradoiro de costura xunto con outras 30 mulleres.
  • Labrega
  • Naceu e vive nunha aldea coa súa familia. Traballa o campo.