A modernidade chega a Galiza, mesturándose en extraño remexo coa tradición rural. É o tempo das primeiras industrias, do primeiro desenrolo urbano.
 

Durante o desenvolvimento do proxecto iranse plantexando unha serie de tarefas e probas como a deste exemplo, actividades unhas e outras consistentes en elaborar textos desde o punto de vista da personaxe elixida ou comentar imaxes en relación á súa vida. As tarefas terán un carácter sistemático e previsto. As probas serán actividades que aparecerán de maneira sorpresiva. Unhas e outras terán un prazo de resolución e puntuarán segundo un baremo.
Na internet, e mediante esta web, iranse publicando os materiais xerando, así como a clasificación dos equipos participantes no concurso. Da mesma maneira cada equipo disporá dunha zona de traballo onde recibir información sobre a marcha do seu traballo e efectuar as actividades.