Galiza anos 30.
Anos de florecimento da nosa cultura e da nosa sociedade, aínda vivindo convulsións, contradicións e crises que explican o noso pasado, e tamén en parte o noso presente...

 

Trátase de revivir unha época como a década dos 30, traballando ao tempo contidos educativos de lingua, historia, arte, xeografía galega, dun xeito distinto...
Poden participar grupos de alumnos de último ciclo de Primaria e primeiro de ESO de maneira colectiva e cun docente do seu centro como titor.
A proposta consiste en asumir unha identidade, un rol, o dunha persoa que puido ter vivido nesta época. Partindo dun perfil definido polo concurso haberá que concretar a persoa dotándoa de identidade e de presencia, acorde coa época e os sucesos ocurridos, para o que se fornecerá de guía e material de documentación.