A película Os luns ó sol de Fernando León onde están presentes actores galegos foi gravada en escenarios das nosas costas con panorámicas como as das Illas Cíes.

Embárcate no seu guión e fotografa a algún dos personaxes.

Nas Cíes atopamos unhas rochas nos cantís moi curiosas con grandes buracos provocados pola erosión: as cacholas; cando o vento os atravesa prodúcese un son que semella ser música.

Mete na túa mochila a letra dunha canción titulada "Fuxan os ventos" dun coñecido grupo que se chama igual cá canción.