Alén dos faros

 


Atopamos esta madrugada
n' a gayola d' o Mar
unha illa perdida.

(Manuel Antonio, De catro a catro)

 

... mar a dentro, atopamos as illas, anaquiños de terra e soño; tamén no mar electrónico atopamos fermosas illas, feitas de ceros e uns, ilusións e esperanzas.
Imos seguir o ronsel dos faros e perdernos nas illas galegas: as illas rodeadas de auga e as illas rodeadas de bits.

Aquí tes unhas notas básicas para realizares esta singradura, toma nota no teu caderno de bitácora:

O faro é o punto de partida e o punto de referencia constante. Para ires dunha illa a outra debes pasar polo faro e seguir a súa guía.

As raiolas do faro representan catro illas galegas: As Cíes, Ons, Sálvora e As Sisargas coas súas respectivas embarcacións tradicionais. Embárcate e diríxete á illa que desexes.

En cada illa visitarás dous elementos, que estarán representados por dúas imaxes.

Cada elemento da illa real estará vinculado a unha illa virtual ou web na que recollerás algún recordo desta viaxe que gardarás na túa mochila-disquete.

Coma en toda viaxe, sacaremos fotos. Dispós dunha cámara especial para viaxes virtuais, que se acciona premendo na tecla "Impr pant ".