O buraco do inferno é unha abertura nas rochas de 5 m de diámetro por 40 m de profundidade que chega ata o mar. Nas súas paredes de pedra resoa o mar, sobre todo nos días de temporal. A lenda di que son os berros e xemidos das almas que ten atrapadas o demo. Para pasar preto del sen correr o risco de que a nosa alma se una á das almas en pena atrapadas no buraco, é preciso levar auga de San Xoán ou outro elemento desa noite máxica.

Como non tes esa auga contigo, escribes no teu caderno un romance que aprendiches no último San Xoán e mételo no peto para asomarte ao buraco.

Aproveitamos a marea baixa para achegármonos ao sepulcro de "Laxe do Crego", só visíbel na baixa. Parece que nel está enterrado un monxe dun mosteiro que na Idade Media tivo a illa.

Non se conservan restos nin imaxes da edificación. Para facerte unha idea, busca unha imaxe dun dos moitos mosteiros que visitases noutra ocasión.