
A illa é moi prolífica en canto a lendas. Aquí temos unha:
"Houbo un rico cabaleiro portugués que paseando un día polas praias atlánticas, atopou unha serea.
Levouna para o seu pazo e púxolle de nome Marinha. Ela non falaba e só quería fuxir para oír o mar.
A serea tivo un fillo do señor, pero seguía sen falar. Entón, o cabaleiro mandou facer unha fogueira e simulou querer botar o neno ao lume. Tal foi o susto da nai que proferiu un berro. Este berro provocou que lle saíse da boca un anaco de carne que a fixo falar".
Dise
que Castelao se inspirou na serea da lenda para deseñar o escudo
de Galicia. ¿Poderías poñer na túa mochila unha
foto deste escudo?
Sálvora é un espacio importante que lle dá sustento económico ás persoas que viven ao seu arredor. Hai referencias que din que ao abeiro dos ricos caladoiros que ten esa parte do litoral galego se instalou, en 1770, unha fábrica de secado e salgadura de peixe. Foi a primeira industria destas características instalada na ría da Arousa.
As especies máis abundantes do litoral de Sálvora son: o percebe, a ameixa, o polbo, etc.
Pero
toda esta riqueza estase perdendo por culpa do afundimento do petroleiro Prestige
nas nosas costas.
Utiliza
a túa cámara para quitar unha foto da illa de Sálvora
chea de chapapote.