O Arao dos cons é unha especie de ave en perigo de extinción que escolleu estas privilexiadas illas para establecer a súa morada. A catástrofe do Prestige fai temer pola continuidade das dez parellas que habitan nas Sisargas.

Utiliza a túa cámara para comprobar que aínda estamos a tempo de salvar o "Uria aalge ibericus". Colle este mapa para non te perderes e vai na súa busca.

Nas Illas Sisargas comeza a Costa da Morte polo norte. Os antigos gregos xa designaban esta parte do mundo co nome de "Dukita Mere" que significa rexión da desgracia ou da morte. Pero hai moitas teorías e lendas sobre a orixe deste misterioso nome.

Escribe no teu caderno de bitácora unha destas teorías e logo gárdaa na túa mochila.