Volta ao inicio de Ciberlingua
entidades que participan: concellos de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Santiago, Lugo xunto coa AS-PG, CIG-Ensino e Galego21.org
¿ que é ?
¿ que facemos ?
¿ que fixemos ?
cartafol de prensa
recursos educativos

correo
mapa da web

Benvid@s a ciberlingua

Selección de monitorado para o curso 2003-2004


Ciberlingua, o proxecto de normalización lingüística que introduce e difunde as novas tecnoloxías na comunidade educativa, comeza neste curso a súa terceira edición. Este ano amplíanse o número de cidades participantes, e polo tanto o público ao que vai dirixido. Ademais hai novos obradoiros dirixidos á creación de contidos para o ensino, e novas actividades que van dende os xogos cos rapaces ata aplicacións para todo tipo de colectivos e asociacións.

Para levar a cabo tal proxecto, é preciso da colaboración de novos/as formadores/as, que poidan difundir a gran cantidade de recursos que Internet pode ofrecer tanto ao profesorado como ao alumnado. Así como amosar todo o potencial que se pode tirar do uso das novas redes de comunicacións enfocadas ao ensino.

Se consideras que a implicación da lingua nas novas tecnoloxías é un alicerce fundamental na nova educación e tes uns coñecementos medios de informática (navegación web, correo electrónico, chat, ...) ti podes ser o candidato idóneo para formar parte como monitor/a nas actividades a desenvolver neste ano. E se ademais deseñas páxinas con FrontPage e Photoshop podes participar como monitor/a nos obradoiros de Creación de Materiais Multimedia Educativos.

Cubre esta táboa e envíanola xunto cos teu curriculum vitae a:

ciberlingua@ciberlingua.org
§
Indicando ademais da túa dispoñibilidade de desprazamento a algunhas das cidades que participan este ano. Vigo, Ferrol, Pontevedra, Santiago, Cambre, Oleiros, Betanzos, Ribadeo, Carballo, Moaña.

Para máis información envía un correo electrónico coas túas cuestións ó enderezo indicado.

Os candidatos e candidatas seleccionadas serán avisadas para unha entrevista persoal e recibirán un curso de formación previo no mes de xaneiro.

 

 

Concello de Ferrol