|
Experiencias na área de Educación Musical con alumnos de Educación Especial |
Actividades extraordinarias
Debido á existencia da área de Música, o curso pasado no primeiro trimestre pensouse na posibilidade dunha actuación singular formando grupo cos alumnos máis avantaxados, e así foi.
Escolleuse un tema para cantar: o villancico "Los peces en el río"
Realizamos tamén unha danza do villancico navideño "Ande, ande, ande".
Na festa de fin de curso tivemos actuación musical. Unha canción popular e tradicional galega "Catro vellos mariñeiros" e
unha danza con coreografía sinxela, uniforme e orixinal sobre o tema "Mi música es tu voz"
As experiencias resultaron altamente positivas, enriquecedoras e gratificantes. Os nenos quedaron moi contentos coa súa actuación e ansiosos de repetir en próximas ocasións.
Este ano temos pensado ter tamén actuación musical en Nadal e a fin de curso.