+
|
Experiencias na área de Educación Musical con alumnos de Educación Especial |
Actividades ordinarias
O chegar a cada clase sempre ten algo de misterioso. Os nenos teñen sempre unha predisposición diferente dependendo das relacións que teñen cos seus compañeiros, pois se ben nós intentamos rebaixa-la tensión, aminora-lo ambiente, olvida-lo asunto que nos trae preocupados, para os alumnos a miúdo é asunto de preocupación e de interese. Debemos ter en conta a parte afectiva.
O traballo en clase procura ser curto, claro e sinxelo. Procúrase ter certa homoxeneidade de actuación, de liña argumental para que os nenos collan un ritmo determinado, pois eles buscan na medida do posible, un fío conductor que inspire a actuación da clase.
Poñemos de exemplo dúas fichas de alumnos realizadas por eles durante algunha das fases da clase.
Se queres velas con máis detalle, preme en cada unha