+

 

Experiencias na área de Educación Musical con alumnos de Educación Especial

 A miña experiencia

Realmente a experiencia é moi rica e variada, e por suposto, diferente á idea inicial creada.

Unha alta porcentaxe da inspiración das actividades realizadas é modificada pola experiencia, así pois, se a experiencia colabora moito, interésame saber cal é a túa, para compartir, comparar, informar, discernir e seleccionar propostas comúns e individuais deste mundo da Ed. musical na Ed. especial.

¿Por que a música na Educación Especial? 

A música tén uns contidos completamente vivenciais, polo que, ó igual que no xogo os nenos non diferencian as situacións idílicas das reais. Os nenos deben te-la música como un xogo máis. É aí pois, onde procede a intervención educativa para encauza-las posibilidades innatas que en maior ou menor medida, todos levamos dentro. Os nenos reflexan coa música uns sentimentos difíciles de expresar sen unha motivación moi acertada, directa e implicadora. Coa música o alumno perde a inhibición, e intenta expresarse tal e como é. Así situado o contexto, podemos traballar máis cómodamente e implicar màis directamente nos contidos e situacións que nos interesan.

E tí, ¿que fas?

Se che interesa saber algo máis do que fago eu, se non che importa decirme o que fas ti, cóntamo e podemos  falar e contrastar a rica experiencia que proporciona o traballo con estes alumnos.

Ponte en contacto comigo  abelvazquez@edu.xunta.es