+
|
Experiencias na área de Educación
Musical con alumnos de Educación Especial |
Metodoloxía
Ainda que cada alumno tén
características diferentes, diferente ritmo de aprendizaxe e de traballo,
e circunstancias iniciais diferentes, decidimos seguir un patrón ou liña
argumental común e a partir dela según cada especificidade, deténdonos a
correxir ou a mellorar cada aspecto en función do aproveitamento e demáis
circunstancias concretas.
Por iso, á hora de escolle-lo material de traballo, inclinámonos polo que
presenta a editorial Alambra Longman por parecer enriquecedor, estimulante e
suxestivo; sen embargo, atopámonos no centro un libro do 1º ciclo da Editorial
SM, que anque non tiña a presentación do material tan actualizada, tomámolo
tamén porque coa súa presentación de traballos máis homoxénea levaba ós
nenos a acomodarse a un sistema sinxelo de traballo de esquema idéntico en cada
unidade e que os nenos acabaron asimilando favorablemente. Tamén consultámo-lo
libro “Rodeira – Música” de 1º ciclo para algunha actividade concreta.
O
esquema de traballo era o seguinte:
- Unha
canción inicial que os nenos debían primeiro escoitar e logo reproducir
para aprender.
- Unha
segunda parte na que se ofrecía unha actividade en estreita relación
co tema da canción. Así ó tempo que se realizaba a actividade proposta,
escoitábase e, se era posible, cantábase a canción que se
reproducía de fondo.
- Se
o nivel dos alumnos o permitía, cantábana solos sen a axuda do
reproductor con pequenos exercicios de ritmo.
A
pesares de que as actividades son comúns, na maioría dos casos o tratamento é
individualizado,dependendo das circunstancias que aconsellan traballo en grupo
ou individual.
Este ano seguímo-lo libro de texto da editorial Galinova.