+
|
Experiencias na área de Educación Musical con alumnos de Educación Especial |
Utilización do material
Unha das partes da asignatura é a realización de sons con instrumentos. Según o traballo programado, fóronse presentando os diferentes instrumentos que utilizamos para familiarizarse con eles, para coñece-lo seu son; para coñece-las súas posibilidades como acompañamento ou para utilizalos na parte débil dun acompañamento.
A principal anotación que se observa é que os nenos canto máis sentido rítmico e melódico poseen, e menos control psicomotor, máis golpean cada instrumento, non intentando sacar del un timbre determinado (o de cada un) senón a a maior intensidade posible.
Co tempo vaise baixando en intensidade e gañando en ritmo e colorido musical.
Unha das actividades máis preferidas foi a audición de pequenas cancións
populares e infantís que os nenos acababan tarareando, ó menos nalgunha das
súas partes, sobre todo no estribillo.