| A miña experiencia foi desenrolada nun
instituto de Ourense. Propúselle ós meus alumnos/as, estudiantes
de E.S.O. que trataran de recopilar a maior información posible
referente ós xogos populares. |
| A fonte de información podería ser as
persoas maiores do seu barrio, da súa aldea, mais dado que o
instituto estaba nunha cidade, propúselle a posibilidade de acudir
a uns centros da 3ª idade, onde os internos foran a súa fonte de
información. (Previamente fixen eu unha visita por estes centros
para pedir permiso). |
| O éxito foi rotundo , por unha
banda estes nenos/as conseguiron datos valiosísimos e as
persoas residentes alí estaban acompañados por xente xove que é o
que máis necesitan. |
| Despois desta experiencia houbo varios
nenos/as que se apuntaron como voluntarios/as destes centros e así
fomentamos a solidariedade dentro da nosa xuventude. |
| Desexaría que ti tamén probes esta
experiencia. ¡¡¡¡Merece a apena!!!!. |
|
|
|