rePOR UN CONSUMO SOSTIBLE

 

OS RECURSOS NON RENOVABLES ESGÓTANSE

NECESIDADE DUN CONSUMO SOSTIBLE DA ENERXÍA

 

 

    Xa sabemos que os combustibles fósiles(carbón, gas natural, carbón , uráneo ) son recursos non renovables, e son utilizados para producir enerxía.

    O crecemento do consumo enerxético polos países máis desenvolvidos está levando ao esgotamenteo destes recursos na natureza. Esto é denunciado por todas as organizacións ecoloxistas e que defenden o meio ambiente.

    Esta utilización desbocada dos recursos fósiles está levando a unha amenaza certa da supervivencia do Planeta Terra. Esta amenaza xa é visible hoxe :

  • O constante aumento da emisión de dióxido de carbono está producindo o sobrequentamento do planeta e o aumento do efecto invernadoiro. 

  • Outro efecto moi importante para o vida na Terra é a destrucción da capa de ozono debido a emisión dos CFC´s  (cloro-fuorocarbonados).

  • Ademais a utilización dos combustibles fósiles, o petróleo entre eles, está producindo a emisión de gases a atmósfera que en combinación coa auga na atmosfera provoca o fenómeno de chuvia aceda.

  • Outro problema non resolto aínda é a eliminación e almacenamento dos residuos radiactivos procedentes das centrales nucleares.

    Investiga estes fenómenos e propón posibles solucións que se deberán poñer en práctica polos organismos internacionais, polos gobernos dos países e polos cidadáns e cidadás na vida diaria para que o consumo dos recurosos non renovables sexa sostible e que as futuras xeracións poidan disfrutar tamén destes recursos sen destruir a vida no Planeta Terra.