Medir a costa non é nada sinxelo.

A marea anda a subir e baixar continuamente e hai moitos sitios ós que non se pode chegar, como ás rochas dos cantiles.

Ademáis, temos infinitude de pequenos detalles que pasan inadvertidos. E que a pequena escala son importantes.

 

Un pode tamen coller un mapa, pero o problema é a escala a utilizar.

Un mapa sempre ten unha apariencia semellante a diferentes escalas. E cada vez que aumentamos a unidade de medida a aproximación é peor.

Como na imaxe, que ofrece lonxitudes L diferentes, para escalas de medida distintas S.