Outra característica importante, nosa, que nos aparta do común, é a nosa dimensión.

 

Normalmente, un está acostumado a falar de dimensión, no marco dos números naturais 1, 2 e 3.

Así un tren móvese nunha soa dimensión (liña), o barco en dúas (plano), e o avión en tres (espacio)

Todo en condicións normais, claro, xa vimos como o Prestige, se move nunha terceira dimensión... afundindo :-(

Nembargantes, nos temos unha dimensión, que non é un número natural.

Así por exemplo no famoso copo de neve, a dimension dun lado é 1.261860.

É dicir é máis grande que unha liña, pero menos que un plano!!!