O problema da dimensión fractal, pódese explicar sinxelamente, facendo bolas de papel.

Se tes un folio perfectamente plano, é sinxelo darse conta, de que a súa dimensión é 2, xa que o grosor é despreciable, en relación co ancho e o alto.

Agora ben, se fas unha bola de papel con él, a dimensión resultante é 3. Ten ancho, alto e longo.

Pero se estiras de novo esa bola, temos un papel enrugado pero non perfectamente plano.

É dicir, nin ten dimensión 2 exactamente, nin tampouco 3. Andará comprendida entre os dous.