BEBIDAS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 AS BEBIDAS.

 

Especial mención recibe a auga que non está considerada como un alimento pero a súa inclusión na dieta é imprescindible e nunha cantidade importante, un mínimo de dous litros de auga ó día, es lo que se aconsella. Non se pode esquecer que o 62 % do noso corpo é auga. Que a vida se orixinóu nela e que é o elemento no que se desenvolve a vida de moitos seres vivos.

A auga do grupo é a bebida menos cara, a máis contralada sanitariamente e sempre disponible.

As augas embasadas procedentes de manantiais se caracterizan por unha composición química constante, así hai augas carbónicas naturais e a outras se lles engade o gas.

Os refrescos son bebidas con gas ou non, estando formadas principalmente por auga, azúcares, ácidos orgánicos (cítricos e tartáricos), colorantes e aromas. Algunhas conteñen tamén extractos de froitas ou de vexetais, e tamén zumos de froitas. O seu valor enerxético se relaciona co seu contido en azúcar. Cando se consumen fríos o dulce nótase menos.

Outros tipos de bebidas, como as de cola, conteñen ademais ácido fosfórico e cafeína, e teñen un alto nivel de azúcar polo que non se aconsellan demasiado para os nenos (o ácido fosfórico evita a fixación de calcio nos hosos, e a cafeína provoca estados de nerviosismo). Xa existen no mercado estes productos sen cafeína para eliminar parte do risco pero seguen a ter moito azúcar.

 As bebidas alcohólicas non deben ser consumidas en ningún caso polos nenos e para os maiores con moita precaución e en moi pequenas cantidades.

 
¡¡ REFRESCAN O CORPO, PERO PROHIBIDAS AS ALCOHÓLICAS E  

             OUTRAS!!