CARNES, PEIXES, OVOS E DERIVADOS LACTEOS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As carnes, peixes e derivados lácteos son alimentos ricos en proteínas, inclúense todo tipo de carnes, ovos, peixes, legumes e froitos secos, así como los derivados lácteos, quesos, leche y yogur. Deben consumirse con moderación. Son a fonte principal de proteínas ainda que de orixen animal.

 

CARNES E PEIXES  

 Son o grupo de alimentos que aportan a parte máis importante de proteínas na alimentación, chámaselle boas proteínas.

 Forman o grupos as carnes, vísceras, productos cárnicos, caza,... ademais os pescados e mariscos nas diversas presentacións, e tamén os hovos e derivados.

 Son alimentos substituibles uns por outros, non é preciso emprega-las proteínas exclusivas dun deles, deben consumirse de xeito alternativo.

 As carnes son as masas musculares dos animais e están compostas por auga, proteinas solubles, sales minerales e vitaminas, todas elas en disolución. O seu valor nutritivo é unha fonte de proteinas de moita calidade, con tódalas vitaminas do grupo B, agás o ácido fólico, además ten ferro, fósforo e cinc. Son pobres en calcio, vitaminas A e C e en hidratos de carbono.

 O exceso de grasas da carne na dieta son perigosas para o colesterol no sangue.

 As vísceras tamén teñen alto valor nutritivo. O fígado é rico en vitamina A.

 Os productos cárnicos teñen bastante cantidade de ferro e vitaminas do grupo B, estamos a falar de hamburguesas, chourizos, morcillas, salchichas, mortadelas, chopped, chicharróns, salchichóns, butifarras, lomos embuchados,... teñen valor nutritivo variado por estar elaborados con diferentes ingredientes. Estes productos teñen gran cantidade de grasa, polo que non é aconsellable para unha dieta sana comelos en grandes cantidades, á vez que non sustitúen o valor nutritivo da carne.

 

O peixe é unha valiosa fonte de proteínas de calidade similar á carne e ó leite. Os peixes poden ser brancos e azuis segundo o seu contido en grasa.

 Os peixes azuis son bos para controla-lo nivel de colesterol no sangue. As vitaminas A e D atópanse nos mencionados peixes máis grasos, así como no fígado dalgúns como o bacallao. Si falamos de minerais, son ricos en calcio, fósforo, iodo e flúor.

 

LEITE E DERIVADOS

 Son alimentos ricos en calcio e proteinas. Pertencen a este grupo o leite, o yogurt, os queixos, a callada e outros derivados agás a mantequilla.

 O leite é un alimento moi completo, contén proteinas e aporta calcio, importante para os hosos e vitaminas B1, B2 e A.

 Ata os 18 anos debemos consumir duns tres cuartos a un litro de leite enteira por día. Nos adultos entre cuarto e medio litro de leite.

Na elaboración do leite desnatado retírase prácticamente toda a grasa, a semidesnatada debe conter moi pouca grasa. Nestas dúas o contido de vitamina A e D está mermada.

 O iogurt é o derivado do leite de máis fácil dixestión e co mesmo valor nutritivo. Ten un efecto beneficioso sobre a flora intestinal.

 O queixo é un derivado do leite que perdeu boa parte da auga e segue tendo o mesmo valor nutritivo. Depende do tipo de leite empregada (vaca, cabra, ovella,...) e de que o queixo madurara máis ou menos, os máis maduros teñen maior valor nutritivo.

 A concentración grasa no queixo é moito maior que no leite.

OVOS

  Os ovos son alimentos ricos en proteínas, vitamina A, ferro, vitamina E, vitamina D, ... trátase dun alimento moi completo. A iema contén máis proteínas que a clara pero tamén contén máis grasas e ten elevado contido en colesterol, polo que se debe consumir xunto. Os ovos en crudo son perigosos por posibles infeccións. No cociñado pérdense as vitaminas do grupo B. Nas frituras o contido en grasa pode aumentar moito.

 

 

 

¡¡ Comendo de todo isto, que non se diga que non

         estamos sanotes!!