CASA PERIGOSA

 

 

    

 

  

 

        

 

         

 

                 

           

   

             

     

 

       

              

 

 

       

 

 

 

IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN E HIXIENE ALIMENTARIA

 

 

 

 

¿Por que é importante alimentarse correctamente?

Porque unha alimentación correcta é a base dunha boa saude, sobre todo na infancia e na adolescencia, estas son etapas da vida nas que se crece física e intelectualmente.

Pola contra, unha alimentación incorrecta daría lugar a consecuencias de crecemento insuficiente.

¡Pensao!, esas consecuencias deixan marcar para toda a vida.

 

¿Asegúrase unha boa alimentación por comer moito?

Nada diso. Comer demasiado non significa comer ben. Tampouco é comer ben atiborrarse de golosinas ou de cousas escasas e raras, de alto precio. Comer ben é consumir unha dieta equilibrada que aporte ó organismo exactamente o que este necesita.

  

 

 

¿Que é unha dieta equilibrada?

Aquela que contén a cantidade e proporción xusta de elementos necesarios para que o noso organismo se atope en plena forma física e mental, é dicir, que funcione ó máximo das súas posibilidades.

Debe incluir: auga, proteínas, grasas, hidratos de carbono, vitaminas e sales minerales.

Todos estes componentes terás que buscalos en distintos alimentos porque en cada un se atopa en distinta proporción.

É dicir, que unha dieta equilibrada será ademais unha dieta variada.

 

  

¿Como se poden coñece-los alimentos máis

 ricos en cada tipo de nutrintes?

É moi fácil se o dividimos en grupos.

O grupo das proteínas está fundamentalmente nos productos lácteos (queixo, requesón, yogurt, leite,...) e nas carnes, ovos e peixes. As proteinas axudan á formación dos tecidos.

O grupo dos reguladores : os alimentos deste grupo son as froitas, verduras e hortalizas, moi ricas en vitaminas e sales minerales. Contribuen a un mellor funcionamento do corpo e, polo tanto, o que este aproveite tamén mellor tódolos outros elementos que precisa.

O grupo dos enerxéticos está formado por cereales, arroz e azúcar. Son estos alimentos moi ricos en hidratos de carbono e axudan a enerxetizar.

O grupo das grasas inclúe aceites e grasas animais e vexetais (aceite, mantequilla, touciño, etc). Son alimentos tamén enerxéticos e ademais aportan ó organismo a grasa convinte.

Por último temos o grupo das legumes, patacas e froitos secos, que conteñen un pouco de cada un dos elementos dos grupos anteriores.

  

 

A regra de ouro dunha dieta equilibrada

Podería describirse como a norma que nos levará a consumir a diario un ou dous alimentos de cada un dos grupos nos que abarcamos proteínas, vitaminas, grasas e sales minerais.

Segui-la regra de ouro fielmente axudará a combati-las enfermedades.

 

 

 

¿Que se entende por hixiene alimentaria?

O conxunto de medidas necesarias para asegurar que os alimentos se consuman en bo estado e óptima conservación.

Dende que se producen ou fabrican estes alimentos, a hixiene alimentaria debe protexerse para que non nos fagan daños ó comelos, e para que manteñan as súas cualidades específicas.

  

¿Por que é importante a hixiene alimentaria?

Porque é fonte e saúde e benestar. O camiño que recorren os alimentos dende a súa fabricación ou recolección, ata chegar á mesa, é moi longo. A hixiene evita que nese prolongado proceso os alimentos se deterioren, ou que perdan a súa capacidade nutritiva.

                                 Aporta vitaminas y minerales

 

SE NON TE ALIMENTAS BEN PODES CAIR EN VARIAS ENFERMIDADES ENTRE ELAS:

 -Bulimia e Anorexia.

                                                                                                                                                                
   ¡¡ Espero que síga-las nosas recomendacións!!