|
LEGUMES SECAS, PATACAS E FROITOS SECOS.
|
|
|
|
LEGUMES
SECAS, PATACAS E FROITOS SECOS Trátase
dun grupo de alimentos fundamentalmente enerxéticos. As legumes son
semillas das leguminosas, alubias, garbanzos, lentellas, fabas, guisantes,
algarrobas,....que,
ademais de aportar hidratos de carbono, porcionan proteínas de orixen
vexetal. As
patacas e outros tubérculos son deste grupo, tamén os froitos secos
sendo os máis coñecidos as avelás, amendoas, noces, cacahuetes, pipas
de xirasol, piñóns,.... O
contido en proteinas destes alimentos e alto e tamén en vitaminas do
grupo B, calcio, ferro, fibra e vitamina C algúns. As
legumes teñen alto contido en hidratos de
carbono e conteñen fibra dietética. As legumes secas son os alimentos
vexetais con máis proteinas, aportan bastante calcio, ferro e vitaminas
do grupo B. En
combinación con outros alimentos como os cereais teñen un alto nivel de
proteinas parecido ó da carne e peixe. Si se combinan con carnes ou
productos cárnicos tamén melloran o contido en proteínas. As
patacas son boa fonte de vitamina C, tamén
de proteinas, ferro e fibra. Cando se cocinan perden vitamina C e no seu
contacto co aire e paso do tempo se oxidan. Non deben consumirse crudas
pois conteñen unha substancia tóxica chamada solanina que se destrue coa
calor. Os
froitos secos teñen un alto contido proteínico,
ricos en grasas, vitaminas do grupo B e minerais, destacando na alta
concentración dos seus nutrientes e o seu baixo contido en auga.
|
¡¡ Proteínas a
encher para seguir medrando!!
|