o seu prato
era un leito de froitas
do tempo
e da bolsa coas claudias
sabían tan ben
as que eu comín
coma as que ibamos coller
eu e outros de pequenos
na claudieira dun veciño
pisabámoslle a horta con coidado
e comiámolas verdes coma os allos
enchíasenos a boca de zume
e metíasenos a pel durísima
entre os dentes
disfrutabamos tanto
e nunca nos viron
e da bolsa coas claudias
que lle trouxen
deixeillas alí
cáseque un quilo delas
valía o quilo cen
e cobráronme noventa e nove
igual son poucas claudias para o moito que a quero
probablemente non faría falta un barco de claudias
como tampouco unha aperta que lle esmagara o peito cecais só
que fora sementando os osos das que comera
para que chegue a luz
sobre a miseria de tentar expresar
cousas tan cheas


Celso Fernández Sanmartín