Indicacións para o profesorado.

 

Preséntase unha serie de páxinas Web que podan ser utilizadas polo profesorado tanto en sesións de titoría como nas materias correspondentes sendo un lugar de reflexión e información sobre a complexidade do tráfico.

Cada alumno e alumna escolle inicialmente unha posición (peatón, ciclista, motorista, automobilista ou xestor de tráfico). A partir de aí xorden diversas situacións que serán un punto inicial para a reflexión sobre a súa posición respecto dos demais. Escolle unha situación das que se presentan na súa páxina e a partir desa situación describe un suceso, real ou imaxinario no que tal situación teña lugar e analiza o resto dos actores que interveñen nesa situación. ¿En que medida a súa actuación pode causar problemas ou axudar o resto de colectivos? Pode formular propostas, recoñecer os erros, pero tamén reflexionar sinalando os defectos dos demais.

Por outra parte axúdase de información complementaria para que podan expoñerse argumentos mediante o uso ou consulta de outras páxinas Web, etc.

 Podes ver o resto das páxinas en  esquema.