Sofonisba Anguisola

Pintora italiana nacida arredor do 1535 e fallecida en Palermo en 1625.

Filla dun noble viuvo que decidiu educar ós seus sete fillos segundo ós ideais humanistas do Renacemento.Varias irmáns foron pintoras destacando admirablemente Sofonisba.Foi pintora da corte española desde 1559 cando chegou ó país escoltada con gran ceremonia.

Sofonisba foi autora de máis de cincoenta cadros existentes en museos e en coleccións privadas, parte da súa gran producción perdeuse e moita da súa obra foi confundida coa de Ticiano, Leonardo da Vinci, Van Dyck, Sustersmans, Coello ou Zurbarán. Mantivo contacto artístico con Miguel Anxo quen lle pediu o debuxo dun neno chorando,"Neno mordido por un caranquexo". Desta primeira época tamén é a obra "tres irmáns xogando ó xadez", que mostra as características da pintura italiana do norte . Un inventario de pintura da corte española en 1582, falaba dun retrato seu da raiña da España, calificándoa de "excelente retratista, por encima de tódolos pintores do seu tempo". Poucas obras súas perduran do seu periodo español, pois gran parte perdeuse no incendio do Real Alcázar en 1734.

A Pintura de Sofonisba estableceu novas normas no autorretrato de mulleres, resalta tamén o seu naturalismo innovador nos cadros costumistas e nos retratos. Esta pintora tivo un significativo papel como eslabón entre o retrato italiano e o español do séculoXVI. Angisola ten unha asombrosa variedade de retratos e é a artista que realizou máis autoretratos entre Durero e Rembrandt.A obra Bernardini Campi pintando a Sofonisba Anguisola, suxire, segundo a especialista Whitney Chadwick, que era conscente do valor da súa propia imaxe como muller triunfante. Neste cadro píntase como se estivese sendo pintada, o que pode ser o primeiro exemplo histórico dunha muller artista quebrantando conscentemente a posición suxeito- obxecto. Outras obras son, A Virxe co neno, Retrato de FelipeII.

A súa obra influíu en moitos pintores e en pintoras como, Irene di Spilimbergo (discípula de Ticiano) e moi directamente en Lavinia Fontana, membro dun grupo de mulleres artistas importantes que xorden en Bolonia a finais do séculoXVI e no SXVII.