¿Por qué os historiadores da arte decidiron ignorar a obra de casi tódalas artistas?
¿Por qué consideraron que a súa obra era de menor valor?
¿Por qué as súas produccións foron moitas veces presentadas con adxectivos peiorativos cando pretendían mostrar outra sensibilidade?
¿Ten unha obra valor por sí mesma ou polo xénero da súa firma ?
...Vexamos algunhas cousas curiosas
Un retrato de Mlle.Charlotte du Val d´ Ognes (1800) foi comprado en 1917 polo Museo Metropolitano de Nova York crendo que se trataba unha obra do pintor Jacques-Louis David.Cando se descubriu que se trataba "so" da obra dunha discípula súa, a pintora Constance Charpentier, foi cambiado de lugar e posposto na xerarquia espacial do museo. Pero hai máis.. Calificado en 1948 por André Maurois como "unha obra perfecta e inesquecible" (na crenza de que era de David), foi descrito posteriormente, en 1964, sabendo xa a súa real autoría, como "carente da forza que caracteriza ó gran David". Máis curiosidades ...O propio museo non quitou o rótulo correspondente a David ata 1977, sustituíndoo en 1980 por outro rótulo no que dicia: .."autor francés desconocido".
Hai algúns feitos que explican algúns outros interrogantes.
O acceso ás Academias oficiais de arte foi vedado en muitos paises para as mulleres. A insistencia en que a muller non tiña cualidades para a arte con maiúscula, ía parella á súa orientación cara a xéneros "menores". Por outra banda, non se lles permitía asistír a clases de desnudo masculino nin unha instrucción adecuada en anatomía, non podían pintar cadros de historia onde estas figuras eran importantes, pero estos cadros eran necesarios para ser académico.
..A pintora Elisabeta Sirani tiña o costume dunrante unha época de pintar ó aire libre para demostrar a autoría dos seus cadros.
.A pintora Rosa Bonheur tivo que pedir permiso ás autoridades do seu país para vestir como un home e pasar así desapercibida e non ser molestada mentras pintaba escenas de cabalos ó aire libre durante as feiras e torneos.