¿Que queremos?
- Contribuir a un coñecemento da historia da arte máis completo, real e máis xusto.¿
-Aportar imaxes e información de mulleres artistas de tódolos tempos e das súas obras.
-Ampliar a nosa mirada na arte. Como alguén dixo nunha ocasión "nomear é existir".Sabemos que é preciso coñecer para volorar e respectar.
Compre destacar que moitas das iluminadoras dos manuscritos dos mosteiros medievais, das grandes retratistas do renacemento e do barroco e das artistas que tiveron unha notable presencia nas vangardas europeas, foron moi valoradas e repectadas no seu contexto histórico e esquecidas pola historiografía de sesgo androcentrista despois.
É obxectivo desta información, incorporalas como axentes activos que foron da súa sociedade e poñer en valor a súa producción artística, esquecida na maioría dos materiais didacticos, libros de texto e de historia da arte.
......Máis cousas.
Dende hai poucos años ,vense facendo investigación e análise das razóns que levaron a silenciar o traballo das mulleres artistas a través da historia, porque é ben sabido xa, que existiron moitas e significativas artistas, pero que foi na historia da arte onde non houbo lugar para estas mulleres.Impediuse así o desenvolvemento de este modelo e a difusión e coñecemento da obra das mulleres que rompendo cos convencionalismos atrevéronse a exercer esta profesión.
Segundo a historiadora Germaine Greer, podemos dicir que todas esas mulleres artistas tiveron en común o feito de ter que superar numerosas dificultades para poder realizar o seu traballo.Foi unha constante carreira de obstáculos que como dí Amparo Serrano, nos leva a preguntarnos non cómo non houbo máis e mellores, senon ¿cómo é que a pesares de iso teñan existido mulleres artistas?. A conclusión á que se chega é que a historia da muller artista foi unha realidade agochada no interior do sistema cultural; a historia oficial da arte ocultou esta realidade e a minimizou en coherencia cun contexto global de subordinación os valores masculinos dominantes.
Actualmente estase a producir unha revisión e a un recoñecemento formal e histórico das mulleres artistas.
¿Tes algo que dicir sobre este tema?
¿Poderías nomear algunha artista significativa?