BUSCANDO OS CASOS

 

Propoñémosche aquí a lectura dunhas cantigas tradicionais galegas. Nelas podes buscar as formas verbais regulares e trata de analizalas morfoloxicamente. As formas irregulares podes intentar clasificalas segundo a conxugación, o modo, o tempo, o número e a persoa. Para facer isto podes abrir o procesador de textos Word e crear unha táboa coas filas e columnas necesarias para facer o exercicio.

Os enlaces lévante ás páxinas web onde podes coñecer máis da música galega, e incluso podes escoitar algunha destas cantigas.

 

MERLO 

 O merlo e maila merla

iban polo prado abaixo

o merlo como era pillo

meteu a merla debaixo.

o merlo e maila merla

iban polo campo arriba

o merlo como era pillo

botoulle a pata por riba.

san antonio de catoira

casamenteiro de vellas

¿por qué non casas ás novas?

¿qué mal che fixeron elas?

aí vos vai a despedida

aí vos vai a derradeira

acabouse o chiculate

rompeu a chiculateira.

http://www.ghastaspista.com/treixad.htm

 

 

VINDE RAPAZAS 

 Tódolos que cantan ben

teñen posto no muiño

e os que non saben cantar

miran por un buraquiño.

fun ó muiño de abaixo

e voltei polo de riba

o de abaixo ten ferrolo

e o de riba caravilla.

anque che fun ó muíño

anque che fun muiñar

anque che fun ó muíño

non teño pan que che dar.

non quero ser muiñeiro

nin barre-lo tremiñado

porque din que noutro mundo

piden contas do roubado.

a muiñeira moe, moe,

a muiñeira moerá

a muiñeira está de parto

a muiñeira parirá.

vinde rapazas todiñas

chegai

e vamos ó adro pra loucos

bailar

porque hoxe é festa,

ruada haberá,

pois évos un día

de moito troular.

http://www.ghastaspista.com/treixad.htm

 

BRAZOS PRA SEITURA

 O vento da emigración

arrasou a nosa terra,

os vellos laian,

os nenos, berran.

Fai anos cincoenta,

hoxe nin vinte hai,

chega o més da sega

¿quen seiturará?

Quince na Suiza,

doce alen do mar,

tres no sul da Francia

¿quen seiturará?

Dos vinte que quedan

dez a traballar,

sete que son nenos

¿quen seiturará?

Tres vellos que agardan

a morte chegar,

co corpo engurrado

¿quen seiturará?

Homes e mulleres,

hai que sementar

a nosa verdade,

por ela loitar.

Pechemo-las portas,

que non fuxan máis,

pois se van todos

¿quen seiturará?.

http://lugonet.com/fuxanosventos/

 

O CARRO

 Non canta na Chá ninguén,

por éso, meu carro canta,

canta o seu eixo tan ben

que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:

fino coma un asubío,

anque é, as vegadas, saudoso

faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:

sábese carballo e freixo.

iQué fermosa e a sua feitura!

iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando

por onde meu carro pasa.

iCarrétame herba pro gando!

iTraime a colleita pra casa!

http://lugonet.com/fuxanosventos/

 

SAN FINS DO CASTRO. 

 Pensa miña nai que estou

pescando na carballeira,

estou no san fins do castro

bailando unha muiñeira.

a miña nai porque puido

fixo unha casa na illa,

para ver ós de neaño

como pescan a sardiña.

o cura de corme é xastre

malpicano e mariñeiro

o de pazos labrador

e o de cesullas gaiteiro

http://www.ghastaspista.com/treixad.htm

 

TERRA DE MONTES.   

 Viva Barro, viva Barro

viva Barriño de Arén

viva Barro, viva Barro

viva Meilide tamén.

moreniña por morena

téñoche o ollo

botado

has de ser miña muller

ou non hei de ser casado.

miña monteira garrida

miña monteira garrida

moito me tes encuberto

alá por soutelo arriba.

os solteiros valen ouro

os casados valen prata

os viúvos calderilla

e os vellos folla de lata.

http://www.ghastaspista.com/treixad.htm