contextualización 

Nos países de Oriente Medio, ó redor do IV milenio a.d.C., pasoúse dunha sociedade de cazadores-recolectores a unha sociedade urbá. As primeiras cidades eran núcleos máis poboados cás antigas aldeas neolíticas, e os seus habitantes comenzaron a especializarse nun determinado traballo, o que trouxo coma consecuencia cás relacións económicas, políticas e sociais se voltaran cada vez máis complexas, o que incidiu nas manifestacións artísticas e relixiosas tan estreitamente vencelladas no Antigo Exipto. A arte exipcia estaba condicionada polo culto ós mortos e o culto ós deuses.

A arquitectura exipcia céntrase na construcción de templos e monumentos funerarios que ademais de ter relación cós cultos ós mortos e os deuses, tamén estaban vencellados á concepción co pobo tiña do faraón

As construccións eran sempre de pedra, colosais, arquitrabadas, labradas en perpiaños  perfeitos, e desproporcionadas con relación a súa función.


MENÚ INICIO