
MOMIFICACIÓN
Conxunto
de métodos mediante os cales se desecaba un corpo para evitar a súa
descomposición. Este proceso levábase a cabo na casa
da purificación da boa casa e constaba de dúas partes:
1)
Extracción das vísceras, lavándoas e secándoas, para logo ser
colocads nos vasos canopos, que tras ser precintados, introducíanse nunha caixa
de madeira xunto a momia. Despois se extraían os restos do cerebro cun gancho a
traves dun orificio practicado nas fosas nasais.
2)
Lavado do corpo por dentro e por fóra con vino de palma e esencias
olorosas, para despois sumerxir o corpo en natrón (carbonato de sodio) durante
70 días. Este período era o mesmo que a estrela Sirio tardaba en saír polo
horizonte tras haber desaparecido previamente por él. Despois dese tempo,
envolvíase o corpo con vendas de liño, entre as que se agochaba amuletos,
conxuros e papiros para defende-lo morto no máis alá. Por último cubríase o
rostro cunha máscara funeraria e se introducía o ca´daver nun sarcófago.