TEMPLOS  

Constituían enormes conxuntos arquitectónicos nos que se rendía culto ós deuses e faraóns asociados o seu culto. Eran grandes recintos amurallados nos que as estancias adicadas ós deuses e sacerdotes estaban precedidos por unha serie de grandes sás e atrios, destinados ós fieis do común. As construccións realizábanse mediante muros e columnas de pedra moi ben traballadas, cubertas de grandes dinteis. Os muros ás veces estaban decorados con relevos, cós que se honraba a memoria dos deuses. A súa estructura fixouse durante o Imperio Novo, tomándose coma modelo a estructura do Templo de Karnak

 

 

 

  MENÚ INICIO