Esta é a historia dun e dunha  

 O sol chámase Lorenzo e a lúa Catalina;

cando Lorenzo se deitaba, Catalina levantábase,

día tras día, isto acontecía.

Ata que un día pasou o que a todo o mundo alegrou:

¡Catalina levantouse ó mesmo tempo co seu amigo o sol!

Pero pouco a pouco a xente enfadouse

pois xa non vían o suficiente:

non se podía ler, correr nin xogar, soamente podíase tiritar.

A estrela Chisposa está moi preocupada e non deixa de preguntarse...

           ¿Que podemos facer?

Acuden  os seus amiguiños do ceo, ¿lles podes axudar ti tamén?