
A POMBA E A FORMIGA

Había unha vez unha pomba moi blanca que paseaba pola beira dun regato.A auga estaba limpa, clara...
Ata se podían contar as pedriñas que había no fondo.
A pomba, tiña moita sede, acercouse a auga para beber.Meteu o peteiro dentro e despois levantou a cabeza ó aire para tomar un groliño de auga.
Había tamén unha formiguiña negra.Esta paseaba pola outra beira do regato e como tiña sede subiu a unha herba que medraba preto da auga para beber mellor...pero con tan mala sorte que caeu dentro.
E o regato, que baixaba moi forte, levouna lonxe, moi lonxe da beira.
A formiguiña tratou de nadar movendo moi rápido as patas,pero a auga corría con moita forza e non servíu de nada.
Menos mal que a pomba viu á formiguiña que estaba preto de afogar.-¡Pobriña!-pensou-.Axudareina a sair da auga.
Pero,¿como o farei?.Se a collo, co meu peteiro que é tan grande, podo mancala...¡Ah,xa sei! Acercareille unha herba pequena.Poderá subir a ela e volver así á beira.
A pomba arrancou unha herba verde e tirouna moi preto da formiga.
A herba, que era moi longa parou na beira do regato.A formiga trepou e correu por riba dela ata chegar á terra.Entón enxugou as patas ben e foille dar as gracias a aquela pomba tan amable.
A formiga estaba moi leda e a pomba tamén porque salvara á formiguiña.
Despedíronse e cada unha foi para a súa casa: a formiga o seu formigueiro e a pomba ó pombal.
Pero...Sucedeu que mentras a formiga ía ó seu formigueiro, viu a un home que ía pola beira do regato.Era un cazador.Levaba unha escopeta, pendurada do seu ombreiro, para matar paxaros.
O cazador viu á pomba e colleu a súa escopeta preparándose para disparar.
-Mira-pensou-¡Que ben! Xa teño carne para acompañar co arroz que vou facer mañá.
Pero...a formiga que viu a escopeta a piques de disparar...-¡Hui!-dixo-.Hai que facer algo para que o cazador non mate á miña amiga a pomba.
Correndo acercouse ó home,trepou polo seu pé e picoulle moi forte no dedo gordo.
O cazador deu un berro:-¡Aiiiiiiiii! -e logo moveu a cabeza para ver quén lle picara.
Mirou e mirou, pero non viu nada.A formiga era moi pequeniña e agachárase entre a herba.
A pomba, cando oíu o grito, viu ó cazador e foise voando ceo arriba, ata que se perdeu de vista.E cando o cazador quixo disparar xa non puido vela.