
Operacións con números enteiros.
a).-Prioridade de operacións
As
operacións sempre deberás facelas na seguinte orde:
1º-Parénteses: Se hai varios sempre hai que empezar por resolvelos que estén máis agachados, no interior.
2º-Potencias
3º- Multiplicacións e divisións (Se aparece antes a división que a multiplicación hai que facer a división primeiro, se non da igual a orde).
Exemplo:
6:3.2
=2.2 =4 (BEN)
Fíxate que primeiro fixen a división, e que non
é o mesmo que si fago primeiro a multiplicación: 6:3.2= 6:6 = 1
(MAL)
2.6:3=2.6:3=12:3 = 4
2.6:3=2.6:3=2:2
= 4 Como
ves ó estar primeiro a multiplicación non influe a orde no resultado final,
podes facer primeiro a multiplicación ou primeiro a división, as dúas van ben.
4º- Sumas e restas.
b).-
Criterio de signos:
Temos
que saber:
+
. + = +
+
. - =
-
-
. +
= -
-
. -
= +