| A tolemia é un sombreiro (1)
A tolemia é unha loucura, unha auténtica loucura de auténticos tolos. Coa miña experiencia podo asegurar que aquí, neste lugar infernal, aínda que te ingresen cunha simple depresión, pódese converter nun demente máis entre os tolos dos abismos, que son coma cans encirrados. Eu, de feito, esfórzome día a día para non acabar sendo un deles. Sen embargo, temo que calquera momento se me vaia a conciencia e acabe transformándose irremediablemente nun gato escuro e enigmático, empurrado ó polo oposto. De feito, xa non o son, ou case. Non sei por qué, pero identificome cos gatos, ou algo polo estilo, e para manterme san preciso tocar o piano e observar algo que brille; as cousas brillantes obríganme a concentrarme. Fran Alonso, MALES DE CABEZA. |