Dende
ese día a vida virouse moi difícil para o parruliño das plumas grises. Todos
lle dicían Parrulo Feo e ríanse del. Ninguén quería ser amigo seu:
-
Non xogues con nós porque es moi feo.
¡ Xoga ti só!
- Mamá parrula é a única que me quere,-
pensaba o parrulo feo- Todos me rexeitan e foxen de min porque teño plumas
grises e non brancas e sedosas, como as da miña familia. Marcharei de aquí e
buscarei alguen que me acepte como son.
O
parruliño botou a andar e atopou autro estanque, máis limpo e transparente.
Estaba moi canso, era noite, así que axiña quedou a durmir.