O
día seguinte, ó non ver o Parrulo Feo, un grupo de parrulos comentaba:
-
Fomos moi inxustos con el. Sempre
lle chamabamos parrulo feo. Nunca xogabamos xuntos e sempre nos burlábamos del.
-
Si. Portámonos moi mal. Ademais,
el só era diferente a nós. Non o debemos de rexeitar. A nós non nos gustaría
que nos tratasen así.
Os
parruliños acordaron ilo buscar para pedirlle que volvese a vivir con eles.
Mentres tanto o Parrulo Feo espertou esa mañá e comezou a nadar na lagoa e
sentíuse moi estraño. De súpeto viuse reflectido nas augas transparentes do
lago e ¡cal sería a súa sorpresa!, convertérase nun fermoso cisne de plumas
brancas e sedosas; as súas antigas plumas flotaban, grises, na auga.

Horas
despois chegou o grupo de parruliños arrepentidos e non podían cre-lo que
vían:
- ¡Como
cambiaches!
-
¡E-lo máis fermoso de todos!
-
¡E nós que te atopabamos feo!
Agora es un cisne maravilloso...
- ¡ Non eras un parrulo!
Os
parruliños pedíronlle perdón e dixéronlle que estaban moi arrepentidos por
rexeitamento. Entón volveron vivir xuntos novamente e os parruliños aprenderon
que non se pode xulgar a ninguén pola súa cor nin polo seu aspecto.
Adaptación
do conto "O Parrulo Feo"