|
- A aquelas persoas que presentan deficiencias auditivas neurosensoriais
profundas en ambos oídos (bilaterais) e algúns con hipoacusia
neurosensorial severa bilateral.
- Nos pacientes en que o uso de prótesis auditivas convencionais (audífonos)
non é útil ou que obteñen con elas escasa melloría ou beneficio protésico.
- O máximo beneficio obtense nos casos de xordeira postlocutiva (aqueles
pacientes nos que a xordeira presentase despois de ter adquirida a
linguaxe).
- Nos casos de xordeira pre-locutiva (antes da adquisición da linguaxe)
aconsellase aplicar o Implante Coclear ós nenos o máis precoz posible.
O máximo resultado obtense
implantando antes dos dous anos de idade, sempre que o diagnóstico sexa
certo y hayan tenido un período de experiencia con audífonos
- A persoa candidata a un Implante Coclear non debe padecer ningunha
enfermidade grave ou patoloxía xeral importante, que o contraindique.
- É moi importante que o paciente teña verdadeiro interese e esperanza
en oír ou voltar a oír, e que conte có apoio da familia, amigos,
etc., así coma que teñan ó seu alcance unha boa rehabilitación.
- Os pacientes que teñan unha hipoacusia profunda debida a unha secuela
de meningitis bacteriana, deben implantarse o antes posible para evitar
unha calcificación das súas cocleas, o que dificultaría a colocación
do electrodo na cóclea.
|