¿Que é un implante coclear?

 

     O implante coclear é un transductor ou convertidor que transforma as sinais acústicas en sinais eléctricas que estimulan o nervio auditivo. Estas sinais eléctricas son procesadas por medio das diferentes partes de que consta o Implante Coclear. Estas partes dividense en internas e externas. 

   Externas:

Micrófono (1): Recolle o son ambiental e o leva ó procesador.

Procesador (3): Selecciona e codifica os sons.

Transmisor (4): Envia os sons codificados ó receptor- estimulador.

   Internas:

Receptor-estimulador (5): Implántase no oso mastoides, detrás da orella. Envía as sinais eléctricas ós electrodos.

Electrodos (6): Introdúcense na cóclea (8), adaptándose á curvatura do caracol. Os electrodos levan os impulsos eléctricos producidos estimulando as células nerviosas que ainda funcionan. Estos estímulos pasan a través do nervio auditivo (7) ó cerebro, que os recoñece coma sons.

     Ambas partes, a externa e a interna, póñense en contacto entre si por un cable e un imán.

 

Se queres mostrarlle ó resto do alumnado do colexio o que é un Implante coclear aquí tes unha presentación adaptada ó seu nivel

 

Menú

¿Que é? ¿Como funciona? ¿Como axuda? Beneficios Selección candidatos