|
Algúns dos pacientes con
xordeira profunda ou severa poden beneficiarse dos Implantes Cocleares.
Esto comprende tanto nenos coma adultos que tiveron unha xordeira de
causa infecciosa, tóxica, post meningitis, traumática ou de outra
causa. Do mesmo xeito os nenos que naceron coa xordeira (conxénita).
Todos estos Hipoacúsicos deben someterse a
exploracións clínicas, neurolóxicas, radiolóxicas, audiolóxicas e
psicolóxicas para ter unha avaliación completa do seu estado e as súas
condicións.
En casos especiais, certos déficits psicolóxicos
tales como o Síndrome de Down, poden ser intervidos tamén. Se o hipoacúsico
usa audífonos e é capaz de seguir a conversa sin lectura labial, non
é un candidato ó Implante Coclear.
Antes de colocar un Implante coclear é
necesario realizar unha serie de probas ó paciente, para determinar en
qué medida pode restablecerse a audición. Estas probas son a Audiometría
tonal (tons puros) e vocal (palabras), Potenciais evocados auditivos do
tronco cerebral, Test do promontorio, radiografias, un estudio psicolóxico
e a valoración do grao de motivación para tratar a súa xordeira. En
ocasións, estudio vestibular con Nistamografía computerizada.
Se o paciente ten labiolectura e está
integrado no mudo oralista, o resultado será moito mellor.
As malformacións de oído interno precisan dun
tratamento especial por especialistas con gran experiencia.
Así mesmo, os pacientes con cócleas
calcificadas teñen maior dificultade a ser intervidos, sen embargo é
posible en mans expertas.
|