| -ancia, -encia | -bel | -eo, -eu, -ao, -au | -us, -um |
| -dade, -tade | -ón/-oa, -ona | -dade, -tade | -aría, -ería |
Mantense Galicia como denominación oficial mais Galiza considérase tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval. Amplíanse as voces como -zo, -za: diferenza, espazo, estanza, graza, licenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, servizo e terzo.
Considéranse admisíbeis tanto -ble como -bel. Logo tamén formas duplas como establecer ou estabelecer.
Engádense chapeu, romeu e xubileu ás palabras que rematan en -eu.
Engádense bacallau e pau ás palabras que rematan en -au.
Engádense ímpeto e tribo ás palabras que rematan en -o.
Pasan a pertencer ao esquema -án/-á as formas: afgán/afgá, alazán/alazá, alemán/alemá, barregán/barregá, bosquimán/bosquimá, capitán/capitá, catalán/catalá, ermitán/ermitá, escribán/escribá, gardián, gardía, musulmán/musulmá, rufián/rufiá, sancristán/sacristá, sultán/sultá, truán/truá.
O esquema -ón/-ona queda reservado para formacións aumentativas e para derivados verbais pexorativos. Nos demais casos, incluídos os xentilicios, -ón/-oa.
Incorpórase puberdade
Dáselle preferencia á solución tradicional -aría (agás nalgúns galicismos), aínda que tamén se admite a solución -ería