|
Carrocería
|
|
| Definímola carrocería coma o
conxunto de elementos, normalmente de chapa estampada
e materiais sintéticos, que forman o armazón exterior do vehículo, dándolle a súa apariencia externa. Hai que diferenciar entre chasis e
carrocería autoportante.
O chasis está formado por unhas vigas metálicas colocadas lonxitudinalmente, e suxetas mediante unha serie de vigas transversais de distintas seccións e tamaños, sobre o cal van colocados os distintos órganos mecánicos, como grupo motopropulsor, eixes, etc indo a carrocería atornillada ó chasis coa interposición de silentblocks ou casquillos. Empréganse en vehículos pesados, autobuses, algúns todoterrenos..., permitindo dotar un mesmo chasis de distintas carrocerías. A carrocería autoportante está constituída por unha serie de diferentes chapas e seccións metálicas ensambladas entre sí mediante tornillos ou soldadura, formando chasis e carrocería un único conxunto sobre o cal van colocados tódolos elementos mecánicos. É a configuración actualmente empregada na inmensa maioría dos automóbiles do mercado. |
|
|
Chasis |
Carrocería autoportante
|
|
|
![]() |
| Voltar ó menú | |