Sistema de dirección

 

 

   O sistema de dirección é o encargado de orientalo vehículo para que tome a traxectoria desexada polo conductor/a do mesmo. Todo sistema de dirección debe cumprir as seguintes normas:

Seguridade, xa que é un sistema prioritario no automóbil debe estar fabricado con materiais de calidade e robustez. É un sistema fundamental na seguridade activa do vehículo.

Precisa, posto que deste sistema depende a traxectoria do vehículo debe de estar diseñada para que sin un xiro excesivo no volante, transformar este xiro no ángulo adecuado de orientación nas rodas para trazar unha curva.

Suave, dado que non debe requerir un esforzo excesivo para poder orientalas rodas sobre a calzada, sobre todo, a vehículo parado.

Reversible, para que unha vez efectuado o xiro desexado recupere rápidamente o volante, e por conseguinte, o vehículo a traxectoria de línea recta.

   Hai distintos sistemas de dirección: de tornillo sin fin e sector dentado, de tornillo sin fin e recirculación de bolas..., pero na actualidade as máis empregadas en turismos son as de cremallera.

 

   A dirección de cremallera, coma o seu nome indica, está formada por unha cremallera dentada sobre a que engrana un piñón que lle transmite o movemento do volante a través da columna da dirección, transformando ese movemento xiratorio en movemento de vaivén nas bieletas que están unidas á cremallera, e de éstas, mediante unhas rótulas, ás manguetas e de ahí ás rodas.

   Actualmente, para reducir o esforzo a facer no volante, empréganse as direccións asistidas eléctricamente, hidráulicamente ou ben electrohidráulicamente. A fotografía da dereita corresponde a este derradeiro tipo.
Subir                                                           Voltar ó menú