| MAPAS | HISTORIA DA CARTOGRAFIA | AS LIÑAS DA TERRA | AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS | ||
| A ESCALA | OS SISTEMAS DE PROXECION | REALIZACION DUN PERFIL | |||

As liñas son: os paralelos e os meridianos.
Paralelos: "círculos menores obtidos
pola intersección dun plano perpendicular o eixo da Terra". O
paralelo máximo e o ECUADOR, que divide a terra en H.N. e H.S. Paralelos
especiais son o TRÓPICO DE CÁNCER, e o TRÓPICO DE CAPRICORNIO,
situados a 23º 27´ do H.N e do H.S. respectivamente. ( Entre ambos trópicos sitúase a zoa
intertropical). Tamén son paralelos especiais o CÍRCULO POLAR ÁRTICO
e o CÍRCULO POLAR ANTÁRTICO,
situados a 66º 33´ de latitude N e de latitude S, respectivamente.
Meridianos: " semicírculos máximos de 180º cuios extremos coinciden cos Polo Norte e Sur da Terra". O meridiano tomado de referencia sobre o que se mide a lonxitude e o MERIDIANO 0 ou de GREENWICH, que divide o mundo en dous hemisferios: o Oriental e o Occidental
2.-
AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS:
As coordenadas xeográficas son a latitude e a lonxitude.
LATITUDE a e distancia circular entre calquera punto da superficie da terra
e o ecuador. A latitude pode ser N. ou S. e vai dos 0º(sobre o Ecuador) ós 90º(
no Polo) Mírase sobre os meridianos.
LONXITUDE e a distancia circular entre calquera punto a superficie terrestre e o Meridiano 0. Pode ser Este ou Leste, e vai dos 0º( no Meridiano 0) os 180º. Mírase sobre os paralelos.
Escala: Relación
que existe entre as dimensións lineais do terreo e as correspondes
representadas nun mapa. A escala numérica é a forma máis usual de
especificación da escala dun mapa, e consiste nunha fracción que toma a
unidade por numerador por exemplo: escala 1:2.000 ou ben: escala 1/2.000, de tal
forma que canto maior sexa o denominador, menor será a escala, constituíndo a
magnitude desta un concepto sempre relativo: a escala 1: 5.000 é moito maior
que a escala 1:20.000.000.
A representación da terra faise mediante un mapa ou un plano. Un mapa é unha representación (plana, xeométrica, simplificada, convencional), de toda ou unha parte da superficie da terra, con unha relación de tamaño entre o mapa e a realidade chamada: a escala.
Os planos
presentan en si mesmos un problema insoluble xa que ó
tratar de representar unha superficie esférica sobre un plano sempre se
producen deformacións. Para representar, sobre un plano, a superficie da Terra
empréganse diversos sistemas matemáticos chamados proxeccións. Dentro dos múltiples
sistemas de proxección, distínguense dous grandes grupos: as proxeccións
equivalentes e as conformes.
As equivalentes son as que manteñen a escala constante en todo o mapa,
pero os paralelos e meridianos non forman ángulos rectos (como si o fan na
realidade, e que resulta de vital importancia para a navegación), producíndose
tamén distorsións nas formas dos continentes.
Nas conformes, os meridianos e paralelos mantéñense formando ángulos
rectos coma na realidade, pero a escala varia según a zona do mapa
5.- A REPRESENTACIÓN DO RELEVO
Os
mapas conteñen un sistema de símbolos cos que representar a realidade. Un dos
principais elementos xeográficos
a representar e o relevo, para o
que se empregan
varios sistemas. O máis sinxelo é representalo mediante cores (as zonas
máis baixas de color verde, e as montañosas de color marrón, que vai tomando
unha tonalidade máis intensa para representar maiores alturas), e o mais
preciso é mediante as curvas de nivel, que son liñas chamadas "isohipsas"
que unen tódolos puntos situados a mesma altura.
Mapa Topográfico Padrón: 1/50.000
(A leenda que aparece no marxe dos mapas explica o significado so signos
do mapa)
INSTRUCCIÓNS
Relevo: -zona máis alta e zona máis baixa ( diferencia de
altitudes)
-
orientación do releve,
-
intensidade as pendentes
-
áreas distinguibles
-
orientación da rede hidrográfica
Poboación:
-Concentrada/dispersa. Alta/Baixa Densidade
-
Distribución dos núcleos habitados ( emprazamentos,...)
Vías de Comunicación:
-Densidade, nodos
-Disposición (
orientacións dominantes, formas que toma a rede)
-Orientación con respecto as curvas de nivel
Dedicación do solo:
Distribución da vexetación e do espacio cultivado, poñéndoo en relación
co relevo
1.-Escalas:
a)-Se unha distancia de 5 cm separa dous puntos nun mapa 1/10.000. ¿ Canto será esta distancia na realidade?. ¿ Canto mediría no mapa unha estrada que na realidade medise 15 km.?
b)Saber cando unha escala é maior que outra. Poñer exemplos.
2.-Proxeccións:
a) Comprobar as características dunha proxección conforme e as de unha equivalente
b) Comprobar as variacións da escala nas proxeccións conformes. Na Mercator fixarse como a escala medra a medida nos desprazamos do Ecuador cara o N ou S ( A escala en latitudes setentrionais e moito máis grande que no Ecuador, por iso as zonas intertropicais da terra parecen tan pequenas neste tipo de proxeccións)
c) Mostra a arbitrariedade nas representacións da terra: o globo terráqueo poderíase representar co Polo Sur para arriba xa que no espacio a Terra non dereito nin revés. Europa sempre se representa no centro dos mapas mundiais ("eurocentrismo"). En canto as proxección, as dominantes ata o momento, tipo Mercator, representan a Europa e as zonas temperadas (desenvolvidas) cun tamaño superior ó que lle correspondería, na realidade, en relación coas zonas intertropicais (subdesenvolvidas).