|
PRINCIPAIS VARIEDADES XEOGRÁFICAS |
||
| ¿Cantos galegos distintos hai?
Seguro que moitas veces coñeciches a alguén que falaba un galego
diferente do que ti estás acostumado a escoitar e a falar coa túa
familia, no lugar onde vives ou cos teus amigos. Non te estrañes, é
normal, dependendo do lugar de onde sexan os falantes
presentarán unhas particularidades lingüísticas determinadas. A grandes
trazos podemos clasificar as variedades lingüísticas do galego en tres
grandes bloques que á súa vez tamén se dividen en áreas, subáreas e
microsubáreas. Como primeira toma de contacto coas variedades dialectais
só faremos fincapé nunhas poucas características xerais de cada un dos
bloques:
|
||
|
|
|
|
|
A este bloque pertencen as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra. Estas falas presentan algúns trazos comúns, pero hai que saber que dentro deste grande bloque hai pequenas subáreas que posúen algunhas características lingüísticas propias. Así pois podemos dicir que neste bloque hai:
|
A este bloque pertencen a zona oriental das provincias de Pontevedra e da Coruña, e as zonas occidentais e centrais das provincias de Lugo e Ourense. Neste bloque tamén citaremos as características comúns, pero non podemos esquecer que hai moitas particularidades de cada área e subárea deste bloque.
|
Comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego chamado "exterior" por atoparse fóra das fronteiras administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia: referímonos o galego que se fala no occidente de Asturias, León e Zamora. Citaremos as características comúns a tódalas áreas que compoñen o bloque.
|
| 1.- Gheada (amigha, ghaliña). Nas vilas costeiras o son aspirado propio deste fenómeno pasa a ser pronunciado dun xeito moi semellante ó "j" do castelán (jarra) | 1.- A gheada do bloque occidental penetra amplamente nestoutro bloque, pero non é unha característica que afecte a toda esta área central. | 1.- Inexistencia de gheada e seseo. |
| 2- Existe seseo implosivo (lus, des) en case tódalas falas do bloque, e seseo explosivo (faser, vesiño) só en parte. | 2.- Na maioría das falas non hai seseo. | 2.- Conservación do u nas formas cuatro, cuando, guardar, etc. |
| 3.- Terminación -án(s), sen distinción de xénero: meu irmán/miña irmán, vran, ran... | 3.- A terminación -ao/-á con oposición de xénero é a maioritaria: meu irmao/miña irmá, vrao, ra. | 3.- Terminación -ín
no canto de -iño: camín, vecín (agás no sur do
bloque oriental).
|
| O plural das palabras que rematan en -n faise engadindo -s, así temos cans, caixóns, calcetíns. | 4.- O plural das palabras que rematan en -n faise maioritariamente eliminando o -n e engadindo -s: cas, caixós, calcetís. Só no suroeste ourensán e ó sur do val de Verín existe o plural en -ns (cans). | 4.- O plural dos nomes rematados en -n fórmase engadindo -is: cais, caixois, calcetís. |
| 5.- A forma ti como pronome suxeito de segunda persoa. | 5.- O pronome suxeito ti tamén ten algunha extensión neste bloque, pero a forma tu tamén convive amplamente. | 5.- O pronome suxeito é tu.
|
| 6.- Existen formas verbais como cantín, cantén, cantein (en vez de cantei); cantarén (por cantarei); hen, sen, von (no canto de hei, sei, vou). | 6.- O diptongo oi é maioritario: moito, escoitar, loita, troita, noite, oito, vasoira... | 6.- A evolución dos grupos latinos -ULT-, -UCT-, ETC. dá como resultado formas do tipo muito, luita, noite, coiro; muto, luta, noite, coiro; mutio, lutia, noite, coiro. No tocante ó diptongo ai de caixa, baixar, pasa a caxa, baixar. |
| 7.- Formas como colleche(s), vendeste(s) en vez de colliche(s), vendiste(s). | 7.- Formas colliche(s), vendiche(s). |
7.- Formas partiuo, deixouo, canteio. Formas incrementadas cun -n: cante(i)n, cantare(i)n e, en menor medida, he(i)n, se(i)n, von. |
| 8.-O sufixo de número e persoa para a P5 -des (cantades) é o maioritario, pero tamén existen formas como cantandes, cantais, cantás, etc. | 8.- O sufixo de número e persoa -des é maioritario na P5: cantades, cantabades, cantarades... | 8.- As formas da P5 levan o sufixo en -is: cantais, colleis, partis; cantábais, collíais, partíais... |
|
|
||