|
¿De onde é cadaquén? |
|||
| A continuación temos uns pequenos textos que poden servir como exemplos das variedades dialectais do galego. Comentabamos que podiamos saber o lugar de procedencia de alguén se observabamos con atención o seu xeito de falar. A ver se eres quen de saber de onde é cadaquén atendendo ós seus trazos dialectais. Polo menos, cos datos que se achegan nesta páxina poderás deducir a qué bloque pertence cada hipotético falante: | |||
|
Ises xamós son moi ruís e xa o dixo il cando os viu |
Ten tino, que con eso xa se mancou miña mai o verao pasado |
||
|
Xa lle dixen aos nenos o que tiñan que faser, e ao deitáranse que apaghen a lus |
Por aquel camín viñan uis cais alobados |
||
|
Hoxe freghin o chan e ti meteche os cans dentro e aghora está todo suxo |
Na túa casa entra muita luz porque tú tés cuatro balcois |
||
| O Martiño ten un irmao e mais unha irmá, pero vós dicides que ten moitos curmaos. |
As mañáns de verán son mui entretidas porque sempre cantades algunhas cancións |
||